Ola:
Aquí estou, por fin. É curioso iso do pudor co que me define Rivela. Cando mostramos as nosas vergonzas físicas con certo reparo, sempre houbo alguén que nos dixo que non temos nada que non teñan os demais. Pero espir a alma é moito máis difícil. Estou indo a un curso de Educación Emocional e nel aprendín algo máis do meu perfil(reservado,"pudoroso"...).Seica producimos nos demais algo de rechazo, segundo a ponente, porque podemos producuir a sensación de que somos xuíces, espreitantes e estamos continuamente a analizar críticamente. Se cadra é verdade, pero eu nunca o pensei. Coidei simplemente que ser reservado ou tímido é unha forma de ser ou de estar na vida que permite, claro que si, certa comodidade, porque un exhíbese menos e polo tanto, é menos vulnerable. De todas maneiras para coñecer e "xestionar " mellor as emocións recomendo un libro: La Buena Vida
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ola, benvida ó mundo dos blogs. Espero que entraras eiqui para quedar e para poder enriquecernos a todos aqueles que - por suposto- imos seguir as tuas andanzas pola "blogosfera". biquiños
ResponderEliminarLEVO UNHA SEMANA AGARDANDO A QUE VOLVAS A ESCRIBIR. ¡¡ VEÑA VAGA!!. BIQUIÑOS
ResponderEliminarEu penso que a "educación Emocional" e máis cuestión de práctica que de asistir a clases.
ResponderEliminarCertamente é difícil espirse diante da xente, pero penso que hai algo de falta de autoestima, mais que de xuício dos demais ¿non si?